Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un santeiro de Arbo por delito contra a liberdade sexual

Detido un santeiro de Arbo por delito contra a liberdade sexual

O home dicíalles ás pacientes supostamente que sandarían se mantiñan sexo con el

O home ofrecía servizos de santería e de curandeiro
G24.gal 25/08/2025 20:42 Última actualización 25/08/2025 21:07

Silencio en Arbo sobre a detención dun veciño de 55 anos residente no centro da vila como autor dun presunto delito contra a liberdade e indemnidade sexual.

O home que ofrecía servizos de santería e de curandeiro puido dicirlles a algunhas das pacientes que pasaban pola consulta que ademais do conxuro e das herbas que lles receitaba debían de manter relacións sexuais con el para sanear, xa que un espírito as posuiría a través do seu corpo e poderían curar.

A investigación do Equipo da Policía Xudicial de Tui que podería levar iniciada uns meses rematou coa detención deste home o pasado vinte e un de agosto. Quedou en liberdade con cargos tras pasar polo xulgado de garda de Ponteareas. 

Na vila moitos descoñecían esta actividade do investigado e ninguén quixo falar a cámara, aínda que fóra de micro algún recoñeceu ter coñecemento destes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade