Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visitas guiadas no Pórtico da Gloria de Santiago

Visitas guiadas no Pórtico da Gloria de Santiago

Só están dispoñibles os venres, sábados e domingos

As reservas fanse a través da páxina web da Catedral 

G24.gal 14/01/2022 17:46

Os venres, sábados e domingos pódese facer unha visita guiada ao Pórtico da Gloria de Santiago. Hai que reservar na páxina web da propia Catedral. 

Organizadas pola Fundación Catedral e en colaboración con empresas locais dedicadas ó turismo, nacen estas visitas guiadas por profesionais para coñecer en profundidade a obra do Mestre Mateo no conxunto catedralicio.

A complexidade e cantidade de mensaxes que inclúe o Pórtico da Gloria son tan grandes que fai impensable entendelas sen unha explicación profesional.

O significado dos animais do Pórtico, a sabedoría que se adquiría cando damos os 3 golpes no santo dos croques, todo isto relátase nesas visitas guiadas.

O programa das visitas guiadas permite desfrutar do resultado da restauración, hai agora 4 anos, e coñecer a longa historia do Pórtico da Gloria.

As reservas para acceder a estas visitas, que son venres, sábado e domingo, fanse a través da páxina web da Catedral compostelá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos