Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte aniversario do festival de cine de Cans

Vinte aniversario do festival de cine de Cans

Nathalie Poza e Javier Gutiérrez, entre os convidados este ano

G24.gal 20/05/2023 14:52 Última actualización 20/05/2023 15:26

Vinte anos van xa da primeira edición do Festival de Cans. Un imprescindible xa do audiovisual español e por suposto galego. Por el pasaron nestes anos José Luís Cuerda, Fernando Trueba ou Fernando León de Aranoa e sobre todo o noso panorama audiovisual ao que deu forza e voz.

Esta mañá Morris e Pato conmemoraban o seu nacemento case case como unha broma que finalmente enxalzou este certame.

Nathalie Poza e Javier Gutiérrez foron dous dos convidados deste ano. Nesta edición tamén se gravou no baixo de Alicia o programa de ámbito estatal de Radio 3 "Tres en la carretera", presentado por Isabel Ruiz Lara.

O certame finalizará esta madrugada coas actuacións de Toni Lomba e Mr. Kilombo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar