Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vingegaard asina un pleno de vitorias no medio do trebón en Monte Aloia

Vingegaard asina un pleno de vitorias no medio do trebón en Monte Aloia

A última etapa do Gran Camiño tivo que reducirse polas malas condicións do tempo

O dinamarqués levou as tres etapas e acabou acompañado no podio por Lenny Martínez e Egán Bernal

G24.gal 25/02/2024 14:54

O vento e a chuvia non se aliaron co Gran Camiño. A última xornada tivo que recortarse por mor das malas condicións climatolóxicas. A organización decidiu dar unha única pasada pola subida ao Monte Aloia e prescindir dos últimos 30 quilómetros da etapa. 

Vistas as condicións foi o máis axeitado. A etapa protagonizouna Fagúndez, que durante moitos quilómetros foi líder provisional da carreira. Pero o Jumbo tiña totalmente controlada a situación e achegou o pelotón dos importantes a pés do Aloia. Aí foi o insaciable Vingegaard o que deu o golpe de graza marchando en solitario e logrando a terceira vitoria en tres etapas, tal e como acontecera en 2023. 

O prometedor Lenny Martínez (Francaise des Jeux) acabou no segundo posto, e tamén foi o segundo na clasificación xeral. No terceiro chanzo do podio acabou Egán Bernal que vai collendo o golpe de pedal nesta temporada do seu regreso á elite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos