Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vilanova recupera a Verea Vella pola que os zapateiros ían mercar o coiro a Allariz

Vilanova recupera a Verea Vella pola que os zapateiros ían mercar o coiro a Allariz

En 1950 de cada dous homes un era zapateiro en Vilanova dos Infantes

G24.gal 21/10/2023 14:05 Última actualización 21/10/2023 15:22

Unha ruta recupera os pasos que daban os zapateiros de Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, para ir mercar o coiro a Allariz.

Malia que é a primeira vez que a asociación de veciños recrea este camiño carreteiro, a participación foi alta e entusiasta para renderlle homenaxe ao que foi o gremio principal de Vilanova dos Infantes no século XX. Un de cada dous homes era zapateiro aquí.

Ata alí ían mercar o coiro, atravesando regueiros e corgas. Moitas veces eran as mulleres da casa as que facían o percorrido que aproveitaban para vender os zapatos nas feiras de Allariz e da contorna.

A industria do calzado era a que máis riqueza xeraba en Vilanova dos Infantes no século XX. Este sábado, un cento de persoas homenaxearon este gremio facendo a pé os 17 quilómetros deste carreiro que separa Vilanova dos Infantes de Allariz polos treitos da Verea Vella.

É a primeira vez que recrean este camiño carreteiro cun alto interese paisaxístico, etnográfico e antropolóxico, para o ano agardan repetila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar