Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilagarcía celebra o día grande da festa de Santa Rita

Vilagarcía celebra o día grande da festa de Santa Rita

A avogosa dos imposibles atrae cada ano miles de fregueses á capital do Salnés

G24.gal 22/05/2023 14:26

Vilagarcía pecha este luns catro días de festa na honra de santa Rita celebrando o día grande dos festexos. A avogosa dos imposibles atrae cada ano miles de fregueses á capital do Salnés que se achegan peregrinando, moitos deles, desde diferentes concellos limítrofes.

Ringleiras de fieis que chegan de moitos puntos dos arredores para escoitar misa no día grande de santa Rita de Vilagarcía. O certo é que esta romaría congrega cada ano máis de 22.000 persoas. Son moitos os que se achegan para pedir polos seus imposibles.

Os oficios relixiosos na capela do convento de Vista Alegre comezaron ás seis da mañá e aínda que cada hora hai unha, as máis concorridas son pola tarde, cando ás oito sairá a santa en procesión. Unha festa con moitas tradicións que non todas son relixiosas. 

Vilagarcía é hoxe un formigo de xente no que tampouco faltan os postos ambulantes, pois santa Rita non é o mesmo sen as súas candeas, rosquillas, churros e como non podía ser doutro xeito, para comer un bo polbo e un tinto de barrantes, no que tampouco faltará a música. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade