Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo Nature, o novo espazo sen gaiolas de recuperación, transición animal e divulgación

Vigo Nature, o novo espazo sen gaiolas de recuperación, transición animal e divulgación

Do Vigo Zoo de 1971 só queda o espazo natural da Madroa, con recunchos aínda en transformación, e como acordanza á vista dos visitantes, como memoria do que hoxe xa non é, só queda unha antiga gaiola 

Unha vez trasladados 300 animais a outros destinos na Madroa queda o grande Oso Carmo que tamén acabará por irse a outro lugar que garanta o seu benestar  

G24.gal 30/03/2025 21:48

O novo Vigo Nature, que abriu ao público hai dúas semanas, suple no espazo municipal da Madroa o antigo zoo. Nos últimos seis anos os trescentos animais en catividade foron trasladados a destinos de benestar e os que quedan, como o grande Oso Carmo acabarán por irse. Vigo Nature é hoxe un espazo de recollida, recuperación e transición animal á vez que un lugar de divulgación sen gaiolas. 

Nos últimos seis anos, coa pandemia en medio e coa guía da nova lei de benestar animal, trasladaron 300 animais, grandes mamíferos, leóns, tigres, moitos exhibidos naquel zoo do ano 71... a espazos idóneos. Tiveron a última palabra nos traslados o conservador, o veterinario e o director de Vigo Nature, que tutela o Concello de Vigo. 

"Algúns dos animais, como as cebras, son como o diamante en bruto que todos os zoolóxicos queren levar. Pero outros animais teñen peor cabida noutros espazos polas súas circunstancias de ter estado sempre sós ou en compartimentos e non poden compartir espazos con animais da súa mesma especie", explica Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Vida Saudable.

É o caso de Carmo, porque naceu no zoo sevillano de Carmona, o oso de vinte anos que agarda unha localización que supere os seus mil metros cadrados e o lago artificial. Esta só desde que morreu seu irmán Pelayo en 2005. Ademais, Vigo Nature recolle animais domésticos abandonados ou entregados, por iso mantén o reptiliario. Acolle os confiscados en contra da explotación comercial animal e ten un centro de recuperación de aves irrecuperables.   

"Agora o que buscamos é simplemente axudar á natureza e compartila con todos os nenos e as nenas e familias. Que pasen aquí dúas ou tres horas cun coidador ou cun experto. E que saian de aquí formados como persoas mellores, que ao final é o que todos queremos ser", afirma Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Vida Saudable.

O novo parque da natureza ao tempo que xa é un lugar de tránsito cara a un lugar mellor de animais, —acaban de soltar unha curuxa—, é un espazo no que grupos guiados poderán participar en actividades divulgativas. 

Daquel Vigo Zoo de 1971 só queda o espazo natural da Madroa, con recunchos aínda en transformación, e como acordanza á vista dos visitantes, como memoria do que hoxe xa non é, queda esta gaiola. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade