Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberan a osiña Alba na Cordilleira Cantábrica tras un proceso de recuperación

Liberan a osiña Alba na Cordilleira Cantábrica tras un proceso de recuperación

Axentes do Medio Natural rescataran a cría de oso pardo cantábrico en Teverga, en Asturias, no mes de abril

Pasou seis meses en dous centros de recuperación, un en Cantabria e outro na provincia de León

A osiña foi liberada nun hábitat propicio para o seu desenvolvemento, unha zona pouco poboada e con abundante alimento

G24.gal 25/10/2025 15:00 Última actualización 25/10/2025 18:26

A osiña bautizada como Alba foi liberada este sábado nun hábitat adecuado da cordilleira Cantábrica tras completar o seu período de aclimatación.

Axentes do Medio Natural rescataran a cría de oso pardo cantábrico en Teverga, en Asturias, no mes de abril, xa que non tiña posibilidades de reencontrarse coa súa nai en condicións de seguridade.

Pasou seis meses en dous centros de recuperación, un en Cantabria e outro na provincia de León. Agora, Alba, de 38 quilos de peso, presentaba condicións favorables para regresar ao medio natural.

Foi liberada nun hábitat propicio para o seu desenvolvemento, unha zona pouco poboada e con abundante alimento. Con Alba xa son seis as crías de oso que o Principado de Asturias liberou desde que en 2019 comezaran a utilizar as instalacións de aclimatación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade