Publicador de contidos

Publicador de contidos

A versión norteamericana do samaín gaña terreo no mercado de disfraces

A versión norteamericana do samaín gaña terreo no mercado de disfraces

Moitos lugares tentan recuperar a esencia orixinal da festa pero nas rúas imponse o halloween

G24.gal 25/10/2025 16:05 Última actualización 25/10/2025 17:10

O samaín é unha festa ancestral que celebraba o remate das colleitas e o comezo do inverno. Era tamén o momento en que se abrían as portas que separan este mundo do máis alén para darlles a benvida aos mortos

A tradición celta migrou a América do Norte e converteuse no actual halloween. En Galicia son moitos os lugares en que se está a recuperar a esencia orixinal desta data, pero nas rúas triunfa a versión norteaamericana con disfraces terroríficos e nenos que piden doces polas portas.

Dende as meigas e a Santa Compaña ata as personaxes das películas e series máis arrepiantes, se buscamos disfrace para o samaín hai que ter en conta que canto máis horrible, mellor.

"Algo terrorífico, cun pouco de sangue... algo que dea medo".

"Temos a temática de Bitelchús, que saíu a película e a xente quere Bitelchús. E despois están as personaxes clásicas de sempre: a meiga, o meigo, as pantasmas...".

"Imos ir disfrazados de 'midsommar' e logo o venres na Coruña vou saír. Alí imos de pierrot, de pallasos".

"Eu vou ir de vampira coas miñas amigas".

En tendas de disfraces e complementos traballan estes días para que os que se suman á noite do terror poidan sacar o seu lado máis escuro.

"Eu vou ir de esqueleto, é como un chándal, como un esqueleto de Frankenstein".

"Estouno pensando porque vou a un concerto e os cantantes van disfrazados e entón animarase a xente".

"Aquí por Santiago temos o plan de ir pola zona vella de bares, a ver o ambiente que hai".

"Vou ir a Ourense, que teñen preparadas actividades como un túnel do terror. E estaba pensando mirar algún disfrace de demo ou algo así".

Queda tempo para pulir os detalles dos traxes ata o próximo venres, outra cousa é a decoración das casas. Xa hai días que vivendas e negocios locen cabazas, esqueletos ou pantasmas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade