Cargando resultados...
Vigo lembra o pintor Lodeiro no 25 aniversario do seu pasamento
Dúas exposicións analizan a xeometría e a figuración do xenial artista
Na Fundación Laxeiro e na Galería Apostrophe
G24.gal
05/11/2021 15:31
Dúas exposicións celebran a vixencia dun dos grandes pintores de Galicia, Xosé Lodeiro. Na Fundación Laxeiro poñen o foco na Xeometría inexacta do artista e, na galería Apo'strophe, a exposición A figura transcendida amosa algúns dos seus últimos cadros. Unha merecida homenaxe no 25 aniversario do seu pasamento.