Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan unha ninfa en Vilalba que marchou da casa o mércores

Buscan unha ninfa en Vilalba que marchou da casa o mércores

Verónica abriu a fiestra o mércores e cando volveu a casa Caramelo xa non estaba

G24.gal 27/06/2026 20:58

As choivas do pasado mércores en Vilalba non só deixaron auga no concello lucense.

Deixaron tamen unha gran tristeza na casa de Verónica, a súa ninfa, Caramelo, gañou medo e marchou pola fiestra.

"Fun buscar ao meu mozo ao traballo e deixei a fiestra un pouquiño aberta. Ca tormenta goñou medo e marchou", comenta Verónica.

Caramelo cumpre hoxe tres meses de vida e dende a súa chegada, sentíase moi cómodo na casa. E por iso que nun principio non contaban con que estivese fora.

"Buscamos por todo o piso, pensando que estaba na habitacíon. Foron moitas horas na noita, levamos ata focos para buscar na rúa", comenta Sofía, unha amiga da familia

Unha busca que non remata, están poñendo carteis por todo Vilalba. Piden tamén que se alguén o ten que o devolva, que non vai ter ningún tipo de consecuencia. Todo para volver a ter na casa a Caramelo tras uns días nos quue non o están pasando ben.

Así que xa o saben, se o atopan poden chamar a Verónica ou acudir a tenda de perfumes que ten en Vilalba. Ela so quere unha cousa, que a historia de Caramelo teña un final feliz.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade