Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo Provincial de Lugo acollerá unha colección temporal do Prado

O Museo Provincial de Lugo acollerá unha colección temporal do Prado

Trátase de seis obras que van desde o Barroco español e italiano ata o retrato ou os óleos paisaxísticos de finais do século dezanove e principios do vinte 

O empréstito ten unha duración de cinco anos, prorrogables a outro lustro

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 28/05/2026 09:15

O Museo Provincial de Lugo ampliará o seu catálogo de obras cunha colección especial cedida polo Museo do Prado. Trátase de seis obras que se cederán durante cinco anos á institución lucense. O empréstimo pode ser prorrogable a outro lustro.

As seis obras escollidas para viaxar a Lugo desde o museo madrileño van desde o Barroco español e italiano ata o retrato ou os óleos paisaxísticos de finais do século dezanove e principios do vinte. Hai lenzos de Federico Madrazo ou Luca Giordano.

O Museo Provincial repite experiencia tras o éxito da cesión temporal no 2024 do cadro de Sibilia de Velázquez. A súa exposición atraeu milleiros de visitantes ao Museo Provincial. O acordo foi xa aprobado polo pleno da Deputación, agora falta asinalo co director do Museo do Prado.

Aínda non hai data para o traslado das obras. Previamente haberá que facer os traballos de posta a punto dos cadros e aquí no museo adecuar os espazos expositivos. En todas deberá ser visible a información sobre a súa procedencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade