Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo foi o lugar máis chuvioso de España a semana pasada

Vigo foi o lugar máis chuvioso de España a semana pasada

Vigo rexistrou a máxima precipitación de España, con 141 litros por metro cadrado en sete días, e os encoros están ao 88,2 %

G24.gal 28/02/2024 16:18

Calquera diría que a semana pasada caían chuzos de punta en Vigo. Hoxe amenceu unha xornada solleira e os paseantes aproveitan antes de que volva a chuvia.

A semana pasada Vigo foi o lugar máis chuvioso de España. En sete días caeron 141 litros por metro cadrado, fronte aos  117 rexistrados en Santiago ou os 44 recollidos en Ourense.

Auga benvida sobre todo nos encoros galegos, que grazas a esas chuvias aumentaron as súas reservas oito puntos, e están a mais do 88 % da súa capacidade. Estes días atrás os máis valentes corrían... pero eran moitos os que o facían para fuxir da chuvia. 

Hai que ter a man os paraugas porque a partir desta tarde entran chuvias febles en Vigo e a súa contorna que gañarán forza cara ao venres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade