Vigo acolle unha exposición sobre o arquitecto Michel Pacewicz
Pacewich chegou a Vigo logo de establecer amizade en París co portentado vigués Benito Sanjurjo
É responsable en boa medida do eclecticismo que atopamos en moitos edificios de comezos do século XX
O centro comercial Vialia é unha das últimas creacións arquitectónicas de Vigo. Agora tamén é o espazo elixido para mostrar o selo e pegada de Michel Pacewicz, arquitecto, nado en Francia en 1843, residente en Vigo desde comezos do século XX e responsable en boa medida do eclecticismo que atopamos en moitos recunchos da cidade.
Pacewicz chegou a Vigo logo de establecer amizade en París co portentado vigués Benito Sanjurjo. A Sanjurjo e outros personaxes da época podemos atopalos na mostra, unha recompilación de documentos e fotografías do arquitecto que desenvolveu en Vigo gran parte do seu labor profesional.
O actual Hotel NH, o edificio O Moderno, a Casa Yáñez, son algúns dos moitos edificios de Pacewicz que hai en Vigo. Que se construíron nunha época moi importante da historia da cidade, no momento en que Vigo se transformou nunha grande urbe. Está previsto que a mostra percorra diferentes barrios da cidade.