Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Sinfónica de Galicia abre nova temporada

A Sinfónica de Galicia abre nova temporada

A Orquesta Sinfónica de Galicia abre nova tempada, e faino cunha das grandes sinfonías de Gustav Mahler

O seu director, Roberto González-Monjas, quere seguir seducindo un público cada vez máis diverso

G24.gal 25/09/2026 09:59

A Orquestra Sinfónica de Galicia prepara a sinfonía número 3 de Gustav Mahler coa que este venres abre a súa nova temporada. Unha extensa obra coral que funciona como unha exaltación das forzas da natureza e das etapas da creación.

Mahler vai ser un dos compositores con gran presenza nesta nova temporada que vai ter 24 concertos de abono o venres e 12 o sábado. O repertorio percorrerá obras dos clásicos e tamén dos creadores galegos nunha sorte de explorar a identidade e as raíces. 

E na súa proxección internacional xa a semana que vén a Sinfónica de Galicia parte cara a Colombia para participar no Festival de Música Sacra de Bogotá, onde interpretará o 'Réquiem' e a 'Misa de Coroación' de Mozart.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade