Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Narro reforza o ataque do Lugo

Víctor Narro reforza o ataque do Lugo

Narro firma por unha tempada mais outra opcional

Foto @CDeportivoLugo Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 14/08/2023 13:38 Última actualización 14/08/2023 13:47

O Lugo e Víctor Narro chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo xogador do primeiro equipo da entidade. Narro, de 24 anos, xoga na posición de extremo, e aterra no Anxo Carro tras consolidarse como un dos xogadores novos máis destacados da categoría.

Tras pasar polas canteiras do Vilarreal C. F. e do Real Valladolid, o atacante chega a Lugo despois de vestir as camisetas do R. C. Deportivo e Atlético Baleares a tempada pasada.

Velocidade, descaro e mocidade para un xogador que chega para fortalecer a parcela ofensiva do equipo. Narro firma por unha tempada mais outra opcional, e a súa presentación será este mércores ás 9:30 horas, no Anxo Carro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade