Verín e Viana do Bolo celebran o Domingo Gordo de Entroido
No desfile de Verín non faltaron os grandes protagonistas: os Cigarróns
En Viana do Bolo os boteiros ábrenlle paso aos folións, chegados ata de Portugal
O Domingo Gordo coincide coa festa da androlla, celebración gastronómica que xunta unhas tres mil persoas
Veciñanza e visitantes viven estes días para o entroido de Verín. Gozaron do Domingo Gordo, con carrozas e os seus disfraces encheron as rúas. No desfile non faltaron os grandes protagonistas: os Cigarróns.
"Eu levo moito anos xa, cando había tres ou catro cigarróns só"
"Vimos dunha vila de Estremadura e viñemos pasar a fin e semana e ver o carnaval, desfrutar da experiencia e da tradición", din algúns dos participantes.
O Domingo Gordo é un dos días grandes do entroido de Viana do Bolo, considerado dos máis antigos de Galicia.
"É o día máis grande polo desfile, aínda que para nós o día máis importante e simbólico é o Martes de Entrudio, pero hoxe nos xuntamos todas as aldeas, folións do concello e invitados doutros concellos. É o día de estrea dos boteiros".
"A min faime moita ilusión o Carnaval porque xa de pequeniña viviamos esto nas aldeas", din outros.
Cos seus atavíos característicos, os boteiros ábrenlle paso aos folións, chegados ata de Portugal. Xuntos desfilan pola vila xunto as carrozas.
"A gozar, facer ruído, estamos representando un señorito, un que era de boa familia, moi guapos, elegantes. E a correr", engaden.
O Domingo Gordo coincide coa festa da Androlla, celebración gastronómica que xunta unhas tres mil persoas.
Os folións volveron percorrer as rúas da localidade no serán e rematan con baile na praza maior.
E en Laza, este luns toca Farrapada e Maragatos e Xitanada dos Burros.
Por la tarde: a Baixada da Morena. A súa chegada á praza desata a guerra de formigas e fariña.