Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verín celebra o Xoves de Compadres

Verín celebra o Xoves de Compadres

Noite de troula que culmina coa queima do Maragato

Gabardina e sombreiro son o uniforme oficial dos compadres

G24.gal 09/02/2023 20:55 Última actualización 09/02/2023 20:59

Licor café, bica e, por suposto, o Maragato. O carro que vai desfilar esta noite por Verín xa estaba listo dende primeira hora para facer desfrutar as cuadrillas de compadres que saen ataviados cos xa tradicionais gabardina e sombreiro de ás. Pólvora, música e festa son as protagonistas neste xoves de compadres.

Este é o primeiro xoves de compadres sen restricións derivadas da pandemia e agárdase que a festa se prolongue ata ben entrada a noite. A de hoxe é unha noite máis pensada para os veciños de Verín, pero xa comezan a chegar turistas que no queren perder detalle do Entroido desta vila ourensá.

Os locais de hostalería tamén se preparan para unha noite que vai ser a primeira de moitas de festa. De feito, numerosos veciños mesmo fixeron ponte e mañá non van ir traballar. O xuizo, a sentenza e a queima do Maragato é algo que ninguén quere perder e que pon o colofón á festa.

De hoxe nunha semana, as rúas de Verín volveranse encher de disfraces na noite do xoves de comadres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar