Publicador de contidos

Publicador de contidos

Venden carne de animais autóctonos a través das redes sociais

Venden carne de animais autóctonos a través das redes sociais

Unha parella cría gando que logo vende, despezado e envasado, a clientes de toda España

Comezaron subindo fotos e vídeos nos que amosan como os crían, en Pedrafita do Cebreiro

G24.gal 22/09/2022 20:54

Nunha gandería de Pedrafita do Cebreiro un pode proverse de toda clase de carne. Os seus donos Erica e José crían ovellas, vacas, cabras, coellos e pitas. Produtos que calquera pode comprar porque, entre outros métodos, atenden pedidos que lles chegan a través das redes sociais.

Detrás desta iniciativa están dous mozos que hai quince anos apostaron por vivir do campo e dos animais, que pastan en extensivo en varios prados e montes de Pedrafita do Cebreiro. 

Hai sete anos que comezaron a vender utilizando as redes sociais coma escaparate, e parece que o negocio ten futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade