Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vendedores do mercado ferrolán de Recimil denuncian a deterioración do recinto

Vendedores do mercado ferrolán de Recimil denuncian a deterioración do recinto

Dous terzos dos postos están pechados. Aseguran que sofren pingueiras cada vez que chove e están pendentes dunha reforma

G24.gal 03/11/2022 14:41

No mercado ferrolán de Recimil din que chove sobre mollado. Aseguran que cómpre cambiar as cubertas para non ter pingueiras cada vez que chove.

É tal o estado de deterioración que sofren no recinto que explican que os días de chuvia nin poden achegarse á cafetería da praza de abastos porque a auga cáelles sobre as cuncas ou sobre calquera consumición. 

Pero non se queixan só das pingueiras. Din que levan anos padecendo unha morea de deficiencias.

Con esta situación, moitos xa decidiron baixar a reixa. A día de hoxe, dos 65 postos que hai no mercado tan só 23 seguen abertos.

Explican que están pendentes dunha reforma, que o Concello lles presentou un proxecto hai tres meses, pero que, desde entón, non volveron ter noticias.

Pola súa banda, desde o Concello confirmaron que si se lles presentou un anteproxecto para a reforma do edificio, para a que reservaron preto dun millón de euros, pero non concretaron datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade