Publicador de contidos

Publicador de contidos

Velko Mrsic non quere comparacións co feito a temporada pasada

Velko Mrsic non quere comparacións co feito a temporada pasada

O croata marca o obxectivo da permanencia no Río Breogán

Foto @CBBreogan
G24.gal 27/09/2022 15:37 Última actualización 27/09/2022 17:35

Velko Mrsic marca o obxectivo da permanencia no Río Breogán, que debuta en Murcia o xoves.

O técnico croata non quere comparacións co feito a temporada pasada:

"Iremos paso a paso, sen renunciar a nada pero o obxectivo principal é a salvación"

O partido é unha incógnita por ser a primeira xornada, polos cambios nos equipos, o tempo que leva o UCAM Murcia sen disputar amigables e pola incorporación ao Breogán do internacional alemán Justus Hollatz, chamado a ser importante no persoal e que non puido xogar partidos co seu novo club ao estar concentrado coa súa selección no EuroBasket.

Mentres, Sadiel Rojas non xogará este xoves ante o Río Breogán no arranque da liga Endesa. O xuíz único de Competición sancionou con dous partidos ao xogador do UCAM Murcia por un incidente con AJ Slaugther ocorrido no partido da pasada campaña disputado polos murcianos co Gran Canaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos