Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mrsic recupera efectivos cara a un derbi que gañará quen teña "serenidade"

Mrsic recupera efectivos cara a un derbi que gañará quen teña "serenidade"

O técnico croata recupera a Sajus e a Rudan

Foto @CBBreogan
G24.gal 21/03/2024 15:12 Última actualización 21/03/2024 15:24

Veljko Mrsic está contento. Recupera a varios efectivos que estaban lesionados. Pensando na visita ao Sar o técnico croata recupera a Sajus e a Rudan. Dous xogadores interiores.

Mrsic cre que o duelo co Monbus Obradoiro vaise resolver pola serenidade que exhiban os contendentes.

"O factor será a serenidade e a paciencia. Aquí estivemos precipitados. Nunca se poden xogar así estes partidos".

Recoñece que é un partido distinto 

"Hai moita presión polo que significa para as afeccións".

Por outra banda, Justin Robinson xa coñece aos seus novos compañeiros do Breogán. O base estadounidense estivo no Pazo este xoves, a dous días do derbi contra o Obradoiro.

O xogador, de 26 anos e 1,85 metros, militaba ata o de agora nos Illawarra Hawks da liga australiana. Trátase dun base puro formado na universidade de Virginia Tech que disputou 43 partidos na NBA, repartidos en Washington, Oklahoma, Milwaukee, Sacramento e Detroit.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos