Veljko Mrsic: “A tempada do Xirona está a ser magnífica”
Tras perder en competición europea, o Breogán vove xogar na ACB
O croata Veljko Mrsic, adestrador do Río Breogán, eloxiou este venres a dinámica do Básquet Xirona, ao que visitan este sábado no Palau Fontajau, onde os breoganistas gañaron a pasada tempada por 66-73.
“Xirona está a xogar un bo baloncesto, a súa tempada de momento está a ser magnífica. Está en postos de playoff e iso xa o di todo. Pero nós tamén chegamos en boas condicións, con todos os xogadores dispoñibles”, sinalou o técnico do Breogán.
Para superar o conxunto dirixido por Salva Camps, sexto clasificado cun balance de cinco vitorias e catro derrotas, Mrsic avisa que necesitarán facer un partido “moi completo”, sobre todo a nivel defensivo.
“Imos ter que estar moi ben porque é un equipo que xoga a un ritmo moi alto, con moita intensidade. Temos que seguir mellorando o noso xogo, primeiro a nivel individual e despois colectivo”, apuntou o técnico breoganista.