Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños e turistas de Corrubedo quéixanse do vandalismo e dos ruídos nocturnos

Veciños e turistas de Corrubedo quéixanse do vandalismo e dos ruídos nocturnos

A festa do San Bandullo derivou nunha noite de excesos e estragos

Os bombeiros tiveron que sufocar o incendio dun sofá vello

Os mozos queimaron un sofá vello na terraza da casa do mar
G24.gal 03/08/2022 14:10

Corrubedo é unha desas vilas costeiras que no verán aumenta a poboación e o nivel de ruído. Este sábado foi o San Bandullo. Na vila contan que foi un éxito de participación ata que a festa derivou noutra cousa.

"Ás seis da mañá apareceron eses catro que hai en todos os e fixeron pintadas, queimaron uns sofás vellos... Tivo que vir a policía, os bombeiros... De aquí da vila non son", di unha muller.

Máis control e máis educación

Os mozos adoitan xuntarse na terraza da casa do mar. Aquí queimaron o sofá e despois seguiron coas falcatrúas por toda a vila: pintadas, coches raiados, árbores rotas... E ruído, claro.

"Aquí hai moita movida todas as fins de semanas. Eu entendo que a xuventude tense que divertir pero ten que haber un pouco máis de control, se non isto é puro vandalismo", afirma outra muller.

Turistas e veciños demandan educación e vixilancia policial para facer compatible o seu dereito ao descanso co dereito á festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade