Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dunha rúa de Ourense quéixanse do cheiro a peixe e carne podre

Veciños dunha rúa de Ourense quéixanse do cheiro a peixe e carne podre

Os malos olores, din, proceden dun local distribuidor de alimentos, onde cren que se lles puido estragar mercadoría

O establementento de distribución de carne e peixe está na rúa Pascual Veiga, cerca do barrio das Camelias.
G24.gal 18/11/2025 14:47

Desde hai uns días a veciñanza da rúa Pascual Veiga de Ourense di que comezou a percibir un cheiro moi fedorento que saía dun local que distribúe peixe e carne.

"Hai uns días así que cheira mal e comentámolo varios veciños". "Da fin de semana pasado para aquí, agora parece que menos pero o fin de semana si ulía moito, moito. Cheiraba a peixe poder, a carne podre, moi mal". "Si cheiraba mal, si, como cheiro a peixe, un cheiro malo, si"

Algúns veciños apuntan a que puido haber un corte de luz e talvez se lles estragou a mercadoría e esa foi a causa do cheiro a podre. 

"Deduzo que ten que ser iso, que ten que ser que lle faltaría a luz e que algunha cámara non arrancou...". "Eu tamén penso o mesmo que ao mellor foise a luz e algunha cámara lle deixou de funcionar e estragóuselle a mercadoría".

Con todo, din que é a primeira vez que teñen este problema de malos cheiros desde que o establecemento está en funcionamento. E que a relación do dono coa veciñanza sempre foi moi boa. 

De feito agora xa non cheira tanto, aseguran. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade