Publicador de contidos

Publicador de contidos

Urxen melloras na iluminación da Rolda Norte de Lugo

Urxen melloras na iluminación da Rolda Norte de Lugo

Demandan máis luminarias nas rotondas de conexión coa autovía A-6 e a estrada da Fonsagrada

Uns 20.000 vehículos circulan a diario por esta estrada do Estado construída hai 25 anos

A Rolda Norte é unha das vías con máis densidade de tráfico da capital lucense
G24.gal 18/11/2025 14:04

Condutores e veciños dos barrios lucenses da Fervedoira e A Campiña piden a reposición de luminarias e a colocación doutras novas para mellorar a seguridade viaria da Rolda Norte, unha infraestrutura do Estado construída hai case 25 anos.

"A visibilidade é ridícula, creo que a gastaron toda en Vigo", di con retranca un dos veciños.

Os usuarios destacan que a iluminación "é moi pouca, case nin se ve".

Poñen o foco na deficiente iluminación pública nas rotondas de conexión coa autovía A-6 e a estrada da Fonsagrada.

Unha veciña da Campiña asegura que "entras na autovía nesa zona e non hai luz ningunha e se vas cara a Meira estamos ás escuras".

Uns 20.000 vehículos diarios circulan pola Rolda Norte, un dos principais accesos a capital lucense, a zonas industriais e o Hospital Universitario Lucus Augusti.

As queixas pola escasa iluminación os residentes en San Salvador de Muxa engaden problemas como inundacións e carencia de pasos de peóns.

"Puxeron un, pero é que hai nenos que collen o bus escolar e bus urbano. Cando chove  inundámonos e iluminación, ningunha".

"Baixan do HULA ás tres da tarde, saes pola vía de servizo para incorporarte á estrada e estás quince ou vinte minutos".

"Para ir a Lugo tes que ir sorteando os coches".

Urxen o Ministerio que interveña para mellorar a seguridade dos usuarios dunha das estradas con maior tráfico da capital lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade