Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sete veciños desaloxados tras a derruba dun inmoble en Ferrol seguen realoxados nun hotel

Os sete veciños desaloxados tras a derruba dun inmoble en Ferrol seguen realoxados nun hotel

Están á espera de que comecen as obras do baleirado interior do edificio esta semana

G24.gal 18/11/2025 14:36

Os veciños que foron desaloxados tras a derruba interior dun edificio lindeiro seguen realoxados nun hotel de Ferrol.

 "O xoves dirannos que pasará. Estamos á espera".

O que aconteceu con este inmoble do barrio da Magdalena, o domingo pasado á noite, é, segundo os veciños, a crónica dunha morte anunciada.

"Comezou a moverse o sofá e díxenllo á señora. Pensamos que fora alguén que pechara con forza o portal. Pero despois, á unha da mañá, xa nos desaloxaron".

Os forxados do primeiro, segundo e terceiro andar colapsaron por mor da grave deterioración que sufría o inmoble. Un inmoble que amorea numerosos expedientes de disciplina urbanística. E xa se declarara a execución subsidiaria para proceder ao baleirado interior desde o Concello. Porén, finalmente, os propietarios solicitaran licenza para realizar eses traballos e estaba previsto que os levaran a cabo o próximo mes de xaneiro. Pero xa non deu tempo.

Polo momento, o inmoble segue rodeado de barreiras de protección e as dúas rúas ás que dá, cortadas, á espera de que comecen as obras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade