Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dunha aldea de Quiroga denuncian que levan anos entrándolles na casa

Veciños dunha aldea de Quiroga denuncian que levan anos entrándolles na casa

Residen na aldea de Soán do Lor, onde lles rouban e lles causan danos na vivenda cada vez que se teñen que ausentar

Das máis de 20 vivendas que había en Soán do Lor, só quedan dúas habitadas
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso G. Novoa 24/04/2026 09:37

Raimundo e Carolina, residentes na aldea quiroguesa de Soán do Lor, denuncian que alguén leva xa tres anos entrándolles na casa para lles facer mal cando eles non están. Neste tempo, aseguran que lles causaron innumerables danos na vivenda, no mobiliario e en todo tipo de obxectos. Ademais, din que lles subtraen ferramentas e incluso alimentos, e o máis curioso é que llelos trocan por outros de peor calidade, incluída a matanza.

Segundo sinalan os afectados, que fan quendas para que a vivenda non quede baleira, hai dous anos decidiron instalar cámaras de videovixilancia e poñer os feitos en coñecemento das autoridades. Así e todo, seguen sen saber de quen se trata, posto que desconectan os aparellos cada vez que lles entran na casa.  

Entre os danos no seu fogar e todo canto lles subtraeron, as vítimas destes feitos afirman que levan perdidos xa miles de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade