Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños dun edificio de Noia denuncian os ladridos e fortes cheiros dos cans dunha veciña

Veciños dun edificio de Noia denuncian os ladridos e fortes cheiros dos cans dunha veciña

Levan tres décadas padecendo esta situación e aseguran que é "insostible"

Fixeron varios intentos de denuncia, pero todos foron infrutuosos

G24.gal 16/04/2024 14:21

Os veciños dun edificio dunha céntrica rúa de Noia denuncian a situación "insostible" que levan padecendo varias décadas. O motivo, os aproximadamente sete ou oito cans dunha veciña que, segundo nos contan, pasan horas ladrando e impregnando de malos cheiros todo o inmoble.

No barrio todo o mundo coñece a situación, pero ninguén quere falar ante as cámaras. Os veciños do edificio din que "non ven normal que nun piso se poida ter tal cantidade de cans, cren que debería estar prohibido". Tamén din que  "é moi molesto porque ladran a calquera hora e o cheiro que desprenden é moi forte".

Segundo parece, esta veciña é coñecida por ser unha persoa moi problemática á que moitos lle teñen medo. Desde a comunidade aseguran que o problema vén de vello, máis de tres décadas, e que en todo este tempo houbo moitos intentos de buscar unha solución que nunca lles deron.

Contan que se dilata no tempo e que intentaron facer moitas accións pero todas infrutuosas porque as autoridades non os apoian. Cren que non "hai nada que facer".  Case resignados, esperan agora que o alcalde interveña para que se respecte a convivencia. Un equipo da Galega púxose en contacto co Concello sen obter resposta e coa Policía Local que preferiu non manifestarse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar