Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Xistral maniféstanse contra a macrocentral hidroeléctrica

Veciños do Xistral maniféstanse contra a macrocentral hidroeléctrica

O informe de Augas de Galicia, que é determinante, non autoriza a construción

G24.gal 13/03/2022 20:09

Á unha da tarde xuntáronse na igrexa de Recaré, nas proximidades do lugar onde iría a menor das balsas que recolle o anteproxecto.

Esixen que se paralice o proceso de construción dunha macrocentral hidroeléctrica no Xistral, polo impacto irreversible que tería na contorna e porque suporía a fin do modo de vida nesta zona.

O anteproxecto, presentado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, ten un informe desfavorable de Augas de Galicia, xa que cortaría canles fluviais. Este informe é determinante.

A veciñanza xuntou máis de 4.400 sinaturas de apoio e presentou 160 alegacións no período de consultas.

No manifesto que leron lembraron que a terra que herdaron non é deles, que é un préstamo dos seus fillos e que deben devolvela nas mellores condicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos