Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Oural, en Sarria, quéixanse dos estragos causados polas obras na vía do tren

Veciños do Oural, en Sarria, quéixanse dos estragos causados polas obras na vía do tren

Levan un ano coas obras, primeiro para anular os pasos a nivel e logo para soterrar a liña eléctrica

Comezaron unha campaña para recoller sinaturas e levar o seu caso ante a Valedora do Pobo

G24.gal 20/02/2026 13:54

A rúa que leva ás Covas e a Cerdeiriños no Oural está totalmente levantada. Non pasan nin coches nin camións, incluído o do lixo.

"Estamos incomunicados, non se circula por ningún sitio, todo cortado, levantan todos os camiños", di un veciño.

Os veciños teñen que deixar os coches a varios metros das casas, cando veñen coa compra teñen que carrexala entre as pedras e fochancas.

"Un lameiro, téñennos abandonados, tes que andar esquivando as pozas e as rochas", comenta outro.

E así levan un ano. O motivo son as obras para suprimir os pasos a nivel que hai na zona, ás que agora se lle sumaron as de soterrar a liña eléctrica.

"Ven se ve que está todo estragado", di un home.

Reclaman un paso peonil que lles permita ir ao outro lado da vila onde están todos os servizos.

"Aquí hai moita xente maior que ten que dar un rodeo de tres quilómetros para ir ao súper ou a farmacia, queremos un paso por debaixo da vía", asegura un veciño.

De momento non lles deron unha solución. Comezaron unha campaña de recollida de sinaturas para levar o seu caso ante a Valedora do Pobo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade