Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Orzán denuncian ouriños e vómitos nos seus portais

Veciños do Orzán denuncian ouriños e vómitos nos seus portais

Esixen máis presenza policial e que fagan cumprir as ordenanzas municipais

G24.gal 30/11/2022 14:26

De martes a domingo os veciños do barrio do Orzán pasan as noites en vela.

A súa loita contra o ruído comezou hai anos, pero agora as súas queixas van máis alá. Denuncian que os mozos que se concentran na zona ouriñan e vomitan nos seus portais. Tamén pelexas e unha morea de actos vandálicos.

Quéixanse tamén da inactividade da Policía Local.

Malia estaren fartos da situación, din que non o están para seguir loitando ata recuperar a súa tranquilidade e o seu descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade