Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden un plan de seguridade viaria tras dous atropelos en seis días

Piden un plan de seguridade viaria tras dous atropelos en seis días

Ocorreu na estrada OU-101 ao seu paso polo barrio de San Francisco, no concello de Ourense

A falta de visibilidade nos pasos de peóns e o exceso de velocidade poderían estra detrás dos sinistros

G24.gal 14/10/2022 14:02 Última actualización 14/10/2022 14:38

Residentes na rúa da Granxa, no concello de Ourense, piden unha solución á perigosidade do tráfico na estrada OU-101 ao seu paso polo barrio de San Francisco.

Aseguran que os coches non respectan o límite de velocidade e que ademais a visibilidade non é boa. A consecuencia: dous atropelos en seis días cunha persoa ferida grave e outra leve.

Demandan unha acción coordinada das administracións das que depende a estrada OU-101para establecer un plan de seguridade viaria. Reclaman pasos de peóns elevados e semáforos para obrigar a baixar a marcha dos automóbiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade