Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Lalín fretarán o domingo un autobús para acompañar o que foi o seu párroco na sua primeira misa en Melide

Veciños de Lalín fretarán o domingo un autobús para acompañar o que foi o seu párroco na sua primeira misa en Melide

A deste venres foi unha das últimas misas que Marcos García oficiou en Lalín tras 8 anos

Marcos García oficiou este venres unha das últimas misas en Lalín
G24.gal 14/11/2025 13:47

Veciños de Lalín fretarán un autobús o domingo para acompañar o que foi o seu sacerdote durante os últimos 8 anos, Marcos García. O párroco encargarase a partir de agora de 15 parroquias de Melide. 

A deste venres foi unha das últimas misas que Marcos García oficiará na igrexa da Nosa Señora das Dores de Lalín tras 8 anos de servizo neste concello. O domingo estrearase no seu novo destino, en Melide. Unha marcha obrigada que está causando conmoción entre os fregueses.

A pasada fin de semana unhas 400 persoas rendéronlle homenaxe cun xantar, e este domingo un nutrido grupo acompañarano na súa estrea en Melide. O párroco recibe todas estas mostras de cariño con humildade e satisfacción, e desexando o mellor para os seus substitutos.

Melide non lle resulta estraño. Estudou alí na adolescencia e conserva boas amizades. Encara con ilusión o seu novo destino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade