Publicador de contidos

Publicador de contidos

A igrexa de Loeda, no concello de Piñor, é unha ruína

A igrexa de Loeda, no concello de Piñor, é unha ruína

Un muro da igrexa xa se derrubou por riba das sepulturas do cemiterio da parroquia

A veciñanza leva anos pedindo a súa restauración para evitar unha desgraza

Dende o bispado de Ourense aseguran que en breve comezarán as obras para consolidar os muros

G24.gal 18/12/2025 14:19

A antiga igrexa de Loeda, no concello de Piñor, é unha ruína. Denúnciano os veciños da parroquia que levan anos mobilizándose e pedindo ao bispado de Ourense o seu arranxo. O abandono fixo que nos últimos meses xa se derrubara o muro norte do templo, datado do século XII.

A igrexa vella de Loeda dá pena vela. O tellado está caído, a vexetación medra dentro, a porta deteriorouse e xa teñen entrado roubar e saquear a igrexa. A implicación constante da veciñanza desta parroquia de Piñor non evitou que un muro xa se viñera abaixo. Datada no século XII, a igrexa foi reconstruída no XVII, abandonouse en 1969 cando fixeron moi preto a igrexa nova.

Varias pedras cobren xa antigas sepulturas, é o principal temor. Esta igrexa está incluída na lista vermella de patrimonio en risco de Hispania Nostra. Dende o Bispado de Ourense aseguran que están cos últimos trámites administrativos para consolidar muros e evitar que siga derrubándose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade