Publicador de contidos

Publicador de contidos

A oficina para indemnizar as vítimas de abusos da Igrexa está dispoñible desde este mércores

A oficina para indemnizar as vítimas de abusos da Igrexa está dispoñible desde este mércores

O mecanismo establece reparacións simbólicas e compensacións económicas a cargo da Igrexa

O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños; o presidente da Confederación Episcopal Española, Luis Argüello; o presidente da Conferencia Española de Relixiosos, Jesús Díaz Sariego, e o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, durante a sinatura do acordo, o pasado 30 de marzo (Alberto Ortega/Europa Press) O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños; o presidente da Confederación Episcopal Española, Luis Argüello; o presidente da Conferencia Española de Relixiosos, Jesús Díaz Sariego, e o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, durante a sinatura do acordo, o pasado 30 de marzo (Alberto Ortega/Europa Press)
G24.gal 14/04/2026 13:30

O Consello de Ministros aprobou este martes a creación da Oficina para o recoñecemento e a reparación dos abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica, que tramitará as solicitudes de reparación para indemnizar as vítimas cuxos casos prescribiran.

Así o anunciou na conferencia de prensa posterior a portavoz do Gobierno, Elma Saiz, que anunciou que esta oficina estará dispoñible a partir de mañá 15 de abril.

Segundo o protocolo que asinaron o pasado 30 de marzo o Goberno, a Conferencia Episcopal Española (CEE), a Confederación Española de Relixiosos (Confer) e o Defensor do Pobo, este mecanismo pioneiro establece reparacións simbólicas e compensacións económicas a cargo da Igrexa, sen tope ás indemnizacións.

O Ministerio recibirá as solicitudes e o Defensor do Pobo as avaliará e elaborará unha proposta de reparación e establecerá as contías das indemnizacións, o que se comunicará ás partes.

Se non houbese acordo, unha Comisión Mixta con participación das asociacións de vítimas tratará de alcanzar unha solución por consenso e se este non fose posible, prevalecerá a valoración realizada polo Defensor do Pobo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade