Cae parte do tellado da igrexa románica de Santa María de Carboeiro
A igrexa pertence ao concello de Silleda e atopábase baleira cando se produciu o derrubamento
Colapsou unha das vigas do cumial, xusto enriba da zona de culto, pero non danou elementos importantes
Aparecen pintadas no Mosteiro de Carboeiro, unha das xoias do románico galego
O teito derrubado. FOTO: concello de Silleda
Parte do tellado da igrexa románica de Santa María de Carboeiro, no concello de Silleda, derrubouse este pasado sábado. Non había persoas no seu interior no momento do afundimento.
Tal e como confirmou a alcaldesa da localidade, Paula Fernández, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá. A igrexa atopábase baleira porque as misas se celebran os sábados cada quince días e este non tocaba.
Segundo a rexedora, unha veciña deu a voz de alarma ao ver algo estraño na cuberta do templo. Ao parecer, colapsara unha das vigas do cumial, xusto enriba da zona de culto.
Así e todo, a mandataria asegura que o presbiterio, o altar e o coro non sufriron danos. Tampouco, as imaxes que foron trasladadas de momento a outro espazo.
Agora, tras a avaliación do equipo técnico municipal, este luns van tirar os elementos que quedaron colgando. Despóis, taparán a zona afectada ata que se prepare o proxecto de reconstrución e o obispado teña disposición económica para arranxala.