O Goberno e a Conferencia Episcopal asinan o acordo para reparar as vítimas de abusos prescritos
As vítimas poderán presentar as solicitudes durante o prazo dun ano, prorrogable a dous
A Igrexa recalca que o procedemento non implica obrigas legais, senón que é unha cuestión "estritamente moral"
O Goberno, a Conferencia Episcopal Española (CEE), a Confederación Española de Relixiosos (Confer) e o Defensor do Pobo asinaron este luns o protocolo para indemnizar as vítimas de abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica cuxos casos prescribiron.
A nova vía de reparación para os casos nos que xa non é posible a vía xudicial entrará en funcionamento o 15 de abril. Segundo o protocolo, que desenvolve o acordo subscribido o 8 de xaneiro, a Igrexa farase cargo das reparacións ás vítimas de abusos, mentres que o Defensor revisará cada caso e establecerá as contías das indemnizacións.
O monto das indemnizacións non está precisado no texto, xa que se trata de “unha proposta integral sen cifras e sen pinzas”, polo que non detalla baremos ou cantidades económicas, ssegundo inalou o presidente da Conferencia Episcopal Española (CEE), Luis Argüello.
Co novo mecanismo, a vítima inicia o proceso ante unha unidade de tramitación do Ministerio de Xustiza, que trasladará o caso á Unidade de Vítimas do Defensor do Pobo. Esta institución realizará unha proposta de resolución e, no seu caso, de reparación (simbólica, restaurativa, espiritual e/o económica) atendendo ao que solicite a vítima.
A xerarquía eclesiástica poderá recorrer a resolución, pero a última palabra teraa o Defensor do Pobo.
O acordo contempla que as vítimas poderán empezar a presentar as súas solicitudes durante o prazo dun ano, prorrogable a dous. Foi asinado este luns, na sede do Defensor do Pobo polo ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños; o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo; o presidente da Conferencia Episcopal Española (CEE), Luis Argüello; e o presidente da Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), Jesús Díaz Sariego.
Modalidades de reparación
O protocolo detalla que a reparación poderá ser simbólica ou restaurativa, orientada ao recoñecemento institucional e ao ofrecemento de ferramentas para o acompañamento ou a petición de desculpas, e tamén económica polo dano causado e polos gastos rexistrados no tratamento das posibles secuelas físicas e psicolóxicas.
As compensacións económicas terán en conta a gravidade dos abusos sufridos, o dano provocado así como outras compensacións eventualmente percibidas no marco doutros modelos de reparación impulsados pola Igrexa.
Compromisos das institucións
O protocolo sinala que o ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes creará unha Unidade de Tramitación que recibirá as solicitudes, ofrecerá orientación para a presentación das mesmas e ocuparase da comunicación coas partes, a notificación das propostas e o solicitado dos informes necesarios.
Pola súa banda, a Unidade de Vítimas do Defensor do Pobo, formado por expertos profesionais independentes, encargarase de levar a cabo unha avaliación individualizada das solicitudes e elaborará a proposta de valoración de recoñecemento da condición de vítima e da súa reparación.
No seu traballo, esta unidade terá en conta se esa vítima xa foi reparada anteriormente polo Plan de reparación Integral a vítimas de abusos (PRIVA) e a Comisión Asesora, que traballa desde febreiro de 2025 PRIVA, cando foi constituída, atendendo ás 131 solicitudes recibidas.
Así, a CEE e a Confer encargaranse, a través da Comisión Asesora do PRIVA, de emitir un informe motivado sobre cada unha das valoracións de recoñecemento da condición de vítima e de reparación que formule o Defensor do Pobo.
En caso de discrepancia, unha comisión mixta estudará o caso que, en última instancia será establecido polo Defensor do Pobo tras escoitar ao presidente da CEE ou da CONFER, segundo o caso.
Exentas de tributación
Ademais, o Goberno aceptou que as reparacións económicas estean exentas de tributación, especialmente do imposto sobre a renda.
A Igrexa lembrou que este sistema “non está baseado na imposición dunha obrigación xurídica, senón no compromiso moral de la Iglesia e o mutuo acordo das partes”.
Ademais subliñou que se trata dunha vía temporal cunha duración dun ano (prorrogable un ano máis), para aquelas causas “que non tivesen e non poidan ter percorrido xudicial ben pola prescrición do delito ou ben pola morte do victimario”.
O convenio debía subscribirse en febreiro, un ano despois do acordo subscrito o 8 de xaneiro de 2025 entre a Conferencia Episcopal Española (CEE), a Conferencia Española de Relixiosos e o Goberno, pero atrasouse porque estaban negociando "como se concibe a reparación" xa que, segundo o Defensor do Pobo, "non é simplemente un asunto económico".