Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Faxilde, indignados polos continuos cortes de auga

Veciños de Faxilde, indignados polos continuos cortes de auga

As obras actuais non cambiarán todas as tubaxes obsoletas e o problema continuará 

G24.gal 01/08/2022 14:17

Os veciños desta parroquia de Vilagarcía quedaron sen auga na billa todo o domingo en plena vaga de calor. Os veciños están fartos xa que isto non e nin moito menos algo puntual. Vén de moi lonxe.

As tubaxes da parroquia son antigas, teñen arredor de 70 anos de uso e quedaron obsoletas. Por ese motivo rompen cada pouco tempo por diferentes sitios. O Concello, din, vai facendo parches pero eles aseguran que así non se vai resolver o problema das continuas avarías.

Aseguran que non poden facer vida normal sen saber se van tela ou non e pensan que ir pouco a pouco cambiando as tubaxes non é unha solución, xa que os cortes seguirán ata que se cambien por completo unhas canalizacións que en pleno século XXI xa non serven.

Os responsables das obras aseguran que aínda falta bastante tempo para rematalas mentres os veciños aseguran que a paciencia ten un límite e esixen que o Concello de Vilagarcía faga algo máis que parchear o problema e lles dea unha solución válida a longo prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade