Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de diversos concellos de Lugo reclaman melloras nas estradas provinciais

Veciños de diversos concellos de Lugo reclaman melloras nas estradas provinciais

Concentráronse ás portas da Deputación de Lugo antes do primeiro pleno do ano

Lugo ten a rede de estradas máis extensa da comunidade e o 65 % delas son de titularidade provincial

 

G24.gal 30/01/2024 14:28

Chegados dende moi diversos concellos, os veciños concentráronse ás portas da Deputación de Lugo para protestar polo mal estado das estradas.

"Son de Xove e alí son camiños, xa non son estradas, son para andar as cabras non os coches".

"Xa non é rodas e amortecedor, que llo cambias, é ter un accidente por culpa de esquivar unha fochanca ou de que o pillas".

Din que a situación non é puntual, senón que se repite en numerosas vías.

"Para calquera parte que me desprace de Friol a calquera parroquia é un perigo andar por elas".

Denuncian que dende hai anos non se arranxan as estradas.

"En Outeiro de Rei as estradas parecen da época dos Picapedra, hai moitos anos que non se asfaltan".

Concentráronse ás portas do primeiro pleno do ano para reclamar un maior investimento.

"Eu son de Navia de Suarna. Hai estradas moi deficientes, invístense os cartos noutras cousas e temos estradas bastante danadas".

Pola súa banda, o presidente da Deputación Provincial defendeu o traballo de conservación que se leva a cabo dende o seu goberno.

"A Deputación Provincial de Lugo fai un esforzo enorme en mobilidade e tratamos de ter sempre o plan de conservación de estradas. Estase levando a cabo, pero tamén é certo que agora no inverno é o peor momento para realizar arranxos ou botar asfalto en quente", manifesta José Tomé, presidente da Deputación de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade