Veciños da rúa Faxilde, en Vilagarcía, urxen á renovación da rede de saneamento polas contínuas avarías que sofren
Veciños da rúa Faxilde, en Vilagarcía, urxen á renovación da rede de saneamento polas contínuas avarías que sofren
Os residentes din sentirse abandonados polo concello arousán
Os veciños da rúa Faxilde din sentirse abandonados polo concello de Vilagarcía. Denuncian que a rede de saneamento é antiga e as tubaxes rompen constantemente. A útima hai 3 semanas provocou o afundimento da rúa. Os operarios taparon a fochanca con unha prancha metálica que se converteu no pesadelo das familias que viven ao carón. Denuncian que o ruido aos pasar os coches non os deixa durmir.
As peores consecuencias do mal estado da rede de saneamento sófreas outra vivenda onde van paras as augas fecais constantemente.
Un pouco mais adiante Fina denuncia que as obras de ampliación da estrada deixan a calzada mais alta cá sua vivenda e teme que lle entre a auga cando chove. De feito xa colocou plásticos a modo preventivo.
Tamén lles preocupa a demora no traslado dos postes da luz. Coas obras de amplación quedaron no medio da calzada e supoñen un serio perigo para a seguridade viaria.
