Varios feridos por unha colisión entre vehículos en Lousame
O accidente produciuse no quilómetro 6 da DP-1104 en dirección a Boiro
Os feridos precisaron de asistencia e foron trasladados a un centro sanitario

Unha colisión entre dous vehículos concluíu con varias persoas feridas, segundo informou o Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento da Coruña.
O sinistro tivo lugar pasadas as 21:00 horas deste domingo, cando o 112 contactou co parque provincial do bombeiros de Boiro para informar de que se producira este accidente, no cruzamento do lugar do Confurco, no punto quilométrico 6 da DP-1104 en dirección a Boiro.
Ningún dos implicados tivo que ser liberado, pero varias persoas quedaron feridas e precisaron ser trasladadas a un centro sanitario. Mentres, os bombeiros encargáronse da limpeza da vía.
Ademais dos bombeiros e os profesionais sanitarios, no operativo tamén participaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, e do GES de Noia.