Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco persoas quedaron feridas leves tras un accidente múltiple en Dumbría

Cinco persoas quedaron feridas leves tras un accidente múltiple en Dumbría

As persoas feridas foron trasladadas ao hospital Virxe da Xunqueira con feridas leves

Imaxe do accidente/Consorcio de Bombeiros da Coruña Imaxe do accidente/Consorcio de Bombeiros da Coruña
G24.gal 10/06/2025 17:21

Un accidente de tráfico en que se viron implicados tres vehículos deixou cinco persoas feridas leves na localidade coruñesa de Dumbría.

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, os feitos ocorreron a primeira hora desta tarde na zona do Ézaro, en Dumbría.

Ata o punto desprazáronse bombeiros do parque provincial de Cee, debido a que tres coches colidiron, deixando cinco persoas feridas, que foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira con feridas leves. No operativo tamén interviñeron o 061, Protección Civil e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade