Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un conductor de 31 anos tras bater contra un cabalo en Porto do Son

Falece un conductor de 31 anos tras bater contra un cabalo en Porto do Son

O accidente produciuse contra a medianoite na N-550, á altura da parroquia de Baroña

Foi precisa a intervención dos bombeiros de Boiro e Ribeira para liberar o corpo da vítima 

 

Imaxe do vehículo sinistrado tras a colisión (Bombeiros de Boiro) Imaxe do vehículo sinistrado tras a colisión (Bombeiros de Boiro)
G24.gal 07/11/2025 08:35

Accidente mortal na parroquia de Baroña, en Porto do Son. O condutor dun turismo faleceu ao levar por diante un cabalo que irrompeu na estrada N-550, á altura do quilómetro 92. Aconteceu cinco minutos antes da medianoite.

Varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dun vehículo accidentado ao colidir cun cabalo que se atopaba sen vida na calzada, e sinalaban que o condutor podería estar atrapado e falecido.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, o GES de Noia e mais axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron o falecemento da vítima, un home de 31 anos que tivo que ser liberado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade