Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mozo acusado de matar outro condutor en Santiago e fuxir recoñece os feitos

O mozo acusado de matar outro condutor en Santiago e fuxir recoñece os feitos

"Quero pedir perdón á familia por todo o dano que causei", dixo diante da xuíza

O accidente con tres vehículos implicados foi en Santiago, na N-525 hai cinco anos

G24.gal 07/11/2025 14:36

"Quero pedir perdón a toda a familia por todo o dano que causei, sei que ao mellor tiven que pedilo antes, pero non me sentía con forza, pero, de verdade, pido perdón con todo o corazón polo dano causado".

Este home está acusado de provocar un accidente mortal hai cinco anos, na N-525 na saída de Santiago a Ourense e abandonar o lugar onde faleceu un home de 57 anos. Sen responder a pregunta ningunha, nunha breve declaración, o mozo recoñeceu os feitos que se lle imputan e aceptou a pena de dous anos e medio de cadea que solicita a Fiscalía.

"Recoñézoo, sei que non é de persoa, a día de hoxe sei que non tiña que abandonar, que me tiven que parar, pero sentíame en shock", declarou.

Amais do coche do acusado, no sinistro víronse implicados outros dous vehículos. O da vítima mortal e o de Samuel, que quedou ferido e declara como testemuña. Contou que cando se meteu no carril de adiantamento, o acusado acelerou, impedíndolle a manobra.

"Notaba que aceleraba, a miña impresión é que o fixo a propósito", di.

Na ambulancia, de camiño ao hospital, sabe que o seu coche bateu contra outro vehículo e que o condutor faleceu.

O xuízo quedou visto para sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade