Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis feridos nunha colisión brutal entre dous coches en Redondela

Seis feridos nunha colisión brutal entre dous coches en Redondela

Os feridos, dous deles menores, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro e ao hospital Fátima de Vigo

O accidente produciuse este sábado pola noite e a vía permaneceu cortada mentres non se puideron retirar os vehículos

G24.gal 15/06/2025 10:10 Última actualización 15/06/2025 13:32

O accidente produciuse no quilómetro 145 da estrada nacional N-550, ao seu paso pola parroquia de Quintela. No accidente quedaron feridas seis persoas, dúas delas son menores. Todos foron hospitalizados con feridas de diferente consideración.

Emerxencias 112 de Galicia e mais a Policía Local de Redondela recibiron o aviso, a última hora do sábado pola noite, de que os ocupantes de dous vehículos accidentados estaba atrapados. Un dos coches, un Jeep Renegade, tiña cinco ocupantes dentro e estaba envorcado no medio da calzada. O outro coche era un Peugeot 309 e nel viaxaba só a condutora, que tamén estaba atrapada no seu interior.

A Garda Civil de Tráfico de Vilaboa e O Porriño, dúas ambulancias medicalizadas do 061 e unha asistencial desprazáronse axiña ao lugar do accidente. Tamen o fixeron rapidamente o GES de Mos e O Porriño e Protección Civil de Redondela.

Liberados os ocupantes dos vehículos, foron trasladados a dous hospitais de Vigo, o Álvaro Cunqueiro e Fátima.

A estrada N-550 permaneceu cortada mentres non se puideron retirar os coches e foi precisa tamén a intervención do equipo de conservación de estrada, para limpar a vía.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade