Cargando resultados...
Dous mortos e tres feridos nun accidente múltiple no corredor Santiago-Noia
As vítimas mortais son dous homes, un de 79 e outro duns 35 anos
G24.gal
20/09/2022 16:58
Última actualización 20/09/2022 21:19
Dúas persoas perderon a vida e dúas resultaron feridas de distinta consideración nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde no corredor que une Santiago con Noia, na parroquia de Roo. As vítimas mortais son dous homes, un de 79 e outro duns 35 anos.
Un dos feridos tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital Clínico de Santiago. Os outros dous foron trasladado en ambulancia.
O sinistro produciuse minutos despois das catro da tarde. Por causas que se descoñecen, tres vehículos chocaron na vía.
Ata o lugar acudiron os bombeiros de Boiro, O GES de Noia, a Policía Local e a Garda Civil de tráfico.