Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varias grandes patronais súmanse ao paro dos pequenos transportistas

Varias grandes patronais súmanse ao paro dos pequenos transportistas

Fenadismer e outras grandes empresas do sector únense, a pesar do acordo entre o Goberno e o CNTC

Marchas lentas de transportistas colapsan o tráfico nas cidades

G24.gal 21/03/2022 22:16

Varias patronais, entre elas Fenadismer, decidiron parar a partir deste martes, tal e como fan desde hai oito días os pequenos transportistas, ante a falta de concreción nas axudas prometidas polo Goberno na xornada deste luns.

O Goberno ofreceu aos transportistas una redución "efectiva" no prezo do carburante equivalente a 500 millóns de euros, con que dá por concluída a reunión que ambas as partes mantiveron para atender os problemas do sector ante a alza do prezo dos combustibles. 

Tras a xuntanza, a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos Nadia Calviño avisou de que as plataformas e organizacións que non se sumen, non defenden os intereses do sector.

“Os que non se sumen, claramente demostran que non están defendendo os intereses do sector", apuntou Calviño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade