Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valdeorras dobrou o número de hectáreas de godello na última década

Valdeorras dobrou o número de hectáreas de godello na última década

A crecente demanda deste viño branco atrae a grupos adegueiros de fóra das nosas fronteiras que se asentan na zona

G24.gal 21/08/2023 14:52

A calidade do solo e a climatoloxía de Valdeorras confírenlle ao godello unha personalidade propia cada vez máis valorada tanto a nivel nacional como internacional.

A crecente demanda deste viño fixo que o número de hectáreas dedicadas a esta variedade branca  se multiplicaran por dúas na última década.

Cada vez son máis os grandes grupos adegueiros de distintos puntos de España que deciden asentarse nesta denominación de orixe para elaborar godello. 

A produción da anterior campaña xa está toda vendida e comezou a recollida  da nova colleita que  agardan supere os 4.200.000 do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade