Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos no barrio de Casablanca en Vigo

Vaga de roubos no barrio de Casablanca en Vigo

Os ladróns forzan os enreixados e asaltan pequenos negocios na procura de cartos

O último asalto foi nun centro de estética en que roubaron cremas de gran valor

G24.gal 24/01/2024 14:27

A vaga de roubos en pequenos negocios de Vigo non cesa. O local que rexenta Esther Juncal foi obxectivo dos ladróns, que forzaron o enreixado e esnaquizaron o falso teito para acceder a este centro de estética. Buscaban unha caixa forte ou diñeiro en efectivo e, ao non atopalo, arramplaron con material profesional que dificilmente poderán vender polas canles habituais dos ladróns.

Un modus operandi que se está a repetir en numerosos locais deste tradicionalmente tranquilo barrio de Casablanca. Esther sente impotencia e rabia por esta agresión ao froito de toda unha vida de traballo. Conta que ían na procura de cartos, e que, ao non atopalos, remexeron todo e levaron cremas, deixando os aparatos que utiliza no seu negocio.

A súa parella, Marc Dufour, relata que a policía científica buscou pegadas, pero os delincuentes levaban guantes. Conta que é a forma de actuar nos roubos nos negocios da zona. Na mesma rúa Cuba, unha cafetería dun hotel e un salón de peiteados sufriron roubos co mesmo modus operandi. 

Ana Míguez, do salón Terapias, tivo mais sorte e recuperou parte do roubado, pero conta que "o cerralleiro que veu arranxar a fechadura contoume que era o carto ou quinto traballo que facía eses mesmo día".

O de Casablanca foi de sempre un barrio tranquilo, pero agora os asaltos nos pequenos negocios se multiplican. Todos piden máis seguridade ao tempo que salientan o excelente labor da policía de Vigo, que está desbordada ante o aumento deste tipo de delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade